Contexto: Pedro Costa
Del 28 de diciembre de 2016 al 4 de febrero de 2017
Unha visita longamente esperada é a de Pedro Costa.
Aproveitándomos a súa estancia na Coruña para impartir
unha máster class no Museo de Arte Contemporáneo Gas
Natural Fenosa o 4 de febreiro, o CGAI recupera parte
da súa filmografía, a que poderiamos inserir no ciclo
“Cabo Verde-Fontainhas” que, en certo modo, culminaría
coa súa última longametraxe, Cavalo Dinheiro.
Como complemento proxéctanse as dúas primeiras
longametraxes dun cineasta que Costa recoñece como
unha das súas maiores influencias, isto é, Paulo Rocha.
Na restauración destas películas colaborou o autor de
Casa de Lava. De por parte, pásase o clásico de Jacques
Tourneur, Yo anduve con un zombi, título que acostuma
relacionarse decote con Cavalo Dinheiro e o ciclo de
Fontainhas en xeral.