La tragedia de Louis Pasteur
The Story of Louis Pasteur
Paul Muni, Josephine Hutchinson, Anita Louise, Donald Woods
- 85 min.
O doctor Louis Pasteur sufre as burlas dos seus colegas por soster que os xermes provocan enfermidades e se lle prohibe publicar.
- Ano:1936
- Países de producción: Estados Unidos
- Guión: Sheridan Gibney, Pierre Collings
- Fotografía: Tony Gaudio
En 'William Dieterle. Antifascismo y compromiso romántico'
Hervé Dumont
O éxito totalmente inesperado desta película estreada precipitadamente, que ninguén quería, induce ós productores a replantexarse a súa política. Louis Pasteur inaugura asi un ciclo de películas biográficas -as biographical pictures ou biopics- internacionalmente premiadas e que valerán ó cineasta o sobrenome de «Plutarco de Hollywood» (Bosley Crowther dixit). A Warner, loubada por esta aureola de prestixio non agardado, vai descubrir a súa vocación cultural. Pero ninguén, nin sequera o propio Dieterle, sospeita aínda a dimensión propiamente política que se abre con este tipo de film. Pasteur representa o progreso da ciencia, pero é tamén un primeiro paso cara outra cousa. É evidente que o mito americano da ascensión social - de escuro provinciano a glorioso inventor neste caso- é singularmente benvido en tempo de depresión económica. The story of Louis Pasteur fixa sen embargo as estructuras paradigmáticas dun xénero a parte, cunha fórmula que pode cinguirse ós factores temáticos seguintes:
A biografía filmada en si mesma existe desde os principios do cine; Sacha Guitry dirixe ademais simultaneamente en Francia outro Pasteur (Jean Epstein o precedera xa en 1922). Pero a nova fórmula acentúa tódolos antagonismos, xa se trate de Pasteur, Zola (1937), Juarez (1939), Ehrlich (1939) ou Reuter (1940). Dieterle sitúa a un espírito inovador, illado pola forza das circunstancias, en medio duns ambientes reaccionarios. «Pasteur aparece como un Galileo da medicina», escribe Brecht. «O conflicto nace aquí da oposición do heroe á opinión xeral, é dicir, á clase dominante». Tipoloxicamente calcado do Inimigo do pobo de Ibsen, este heroe sáese da norma; non é necesariamento simpático, pero a súa obstinación obriga ó respecto. E un individualista radical, un espirito independente e, como tal, implicitamente, un fiador das liberdades democráticas. Un carácter forte que pode granxearse a hostilidade das multitudes. Sen embargo, o que conta non é tanto o retrato psicolóxico dun personaxe fóra do corriente, nin o relato fiel da súa carreira, nin as vicisitudes privadas ou sentimentais as únicas que interesaban ó cine ata ese momento). A parfir de agora, a investigación científica ou os logros artísticos convirtense no asunto propiamente dito da película e adquiren, polas reaccións que suscitan, unha dimensión política. Ponse o acento principal na obra, na nobleza da ética que a inspira. O home mesmo é descrito sen énfase, de forma neutral, sen as trivialidades habituais de Hollywood. E un idealista cunhas desinteresadas aspiracións que van a miúdo en contra do estrepitoso materialismo festexado polo American Way of Life. De feito, Dieterle induce ós seus productores a propagar un contido en flagrante contradicción con todo o que a industria do espectáculo, dirixida por Wall Street, representa. Os seus heroes non buscan o reconecemento dos seus méritos por parte do poder establecido, nin o que iso conleva de éxito social, senón a victoria dunha verdade obxectiva («os beneficios da ciencia non son para os sabios, senón para a humanidade», di Pasteur). E significativo que as biografías filmadas por Dieterle teñan sido consideradas como de inspiración «europea» en Estados Unidos e que a propia crítica europea as considerase «moi pouco americanas».