 
William Dieterle
Del 3 de noviembre de 1995 al 22 de diciembre de 1995
«Cada unha das súas películas é un acto de valor», afirmaba Bertolt Brecht cineasta pouco estudiado polos historiadores -seguramente o máis subestimado dos directores xermanos establecidos nos Estados Unidos-, levou a cabo a fazaña, non precisamente banal, de apaixoar ás masas cunha temática que contradicía tódalas normas usuais da industria hollywoodense. «A idea dun film é sempre máis importante que a sua anédota», adoitaba proclamar. Aspirando a superar a artificial e estereotipada concepción que do divertido tiña a súa época, converteuse en especialista dun cine de prestixio, premiado con distincións e Oscars.
Sen embargo, non é esa a súa única singularidade. Actor moi popular, aínda que corrente, Dieterle abandonou voluntariamente a súa Alemania asinou a única película de ficción americana que se decantou a prol da España republicana: Blockade. Rodeado de emigrantes como Max Reinhardt, Bertolt Brecht, Carl Zuckmayer, Franz Werfel, e moitos outros a quen axudou económicamente, foi na pantalla o principal representante da vella Alemania fronte á barbarie nazi. Ernst Lubitsch permaneceu prudente ata 1941/1942. Dieterle non. Os seus triunfos comerciais e de crítica conferianlle unha relativa independencia que Fritz Lang, por exemplo, nunca coñeceu en Hollywood. Dese xeito, puido rodar varias películas que encarnaron con sinceridade, ardor e brío os escarnecidos ideais da democracia; e bastante antes de que os Estados Unidos entrasen na guerra.
Detrás da súa fachada histórica, The life of Emile Zola, Dr. Ehrlich's magic bullet, ou a asombrosa Juarez constituíron vibrantes chamadas á conciencia do mundo. Estos frescos non pretendían ser a haxiografía dun «gran home», senón unha revaiorización da sua ética universai; o que fixo dicir a Brecht en 1945: «Entre os films destinados á Europa desnazificada, as obras de Dieterle constitúen, sen dúbida, a mellor contribución da industria cinematográfica dos Estados Unidos». Víctima do maccarthysmo, Dieterle pagaría estas audacias da súa carreira.
Pero limitar os seus méritos ós films políticos sería cometer unha inxustiza cun talento tan pouco desdeñable como o deste cineasta. Pouco antes da súa morte, John Huston afirmou que Dieterle e William Wyler foran os seus «mestres no referente á posta en escena». Películas de culto como The hunchback of Notre Dame (con Charles Laughton), ou ese Fausto americano que é The Devil and Daniel Webster, consiguen harmonizar dúas tendencias fundamentais da súa obra; por un lado, o seu compromiso humano, progresista e demócrata; e por outro, a súa vena fantástica e romántica á vez. Como imos ver, debe o seu éxito e prestixio á primeira, e a súa reputación artística á segunda. Dificilmente esquecerá o cinéfilo os arrebatos románticos de Love letters, a desbordante fantasía de A Midsummer night's dream (co-dirixida con Reinhardt), ou os ensoños surrealistas de Portrait of Jennie, que Luis Buñuel contaba entre as dez películas máis belas do mundo. Finalmente, unha lixeira ollada á súa carreira, iniciada na Alemania guillermina e concluida na República Federal, dá a medida da fenomenal enerxía deste «stajanovista» do espectáculo que realizou 76 longametraxes e 13 telefilms, actuou en 54 películas dos seus colegas, interpretou máis de 250 papeis teatrais nunha treintena de compañías, dirixiu máis de cuarenta montaxes teatrais, e escribiu baixo diversos seudónimos unha novela en inglés, varios contos e algunhas comedias dramáticas. O resultado é unha obra apaixoante, nunca indeferente, que -ó igual que a súa vida- está marcada pola pegada dunha profunda xenerosidade.
Hervé Dumont, en William Dieterle. Antifascismo y compromiso romántico. Filmoteca Española / Festival Internacional de Cine de San Sebastián, 1994.
 
  
  Syncopation
 
  
  Te volveré a ver
 
  
  The Searching Wind
 
  
  Como te quise te quiero
 
  
  La acusada
 
  
  Jennie
 
  
  Vulcano
 
  
  El tramposo
 
  
  The Last Flight
 
  
  Jewel Robbery
 
  
  6 Hours to Live
 
  
  Scarlet Dawn
 
  
  El sueño de una noche de verano
 
  
  La tragedia de Louis Pasteur
 
  
  Satan Met a Lady
 
  
  Bloqueo
 
  
  Juarez
 
  
  Esmeralda, la zíngara
 
  
  A Dispatch from Reuters
 
  
  La bala mágica
 
  
   
                                