Mesa redonda AEHC e proxección de París-Tombuctú
Con Margarita Ledo, Julio Pérez Perucha e José Luis Castro.
Entrada de balde.
PARÍS-TOMBUCTÚ
(España, 1999)
Dirección: Luis García Berlanga. Guión: Luis García Berlanga, Jorge Berlanga, Antonio Gómez Rufo e Javier G. Amezúa. Produción: Share Total, Freedonia Producciones, Anola Film, coa participación de TVE, Canal Plus e Televisió Valenciana. Fotografía: Hans Burmann. Intérpretes: Michel Piccoli, Concha Velasco, Amparo Soler Leal, Juan Diego. Duración: 113 minutos. Un prestixioso cirurxián francés, afundido no fastío vital, decide quitarse a vida. A piques de lanzarse pola xanela, ve un peregrino que se dirixe desde París a Tombuctú e decide mudar morte por fuxida. Na viaxe coñecerá a personaxes moi dispares. Síntese ou resumo do universo narrativo, estético e social anterior da súa obra, Berlanga filma a súa última e ácida longametraxe. Goya ao mellor actor de reparto para Juan Diego.