Fotografías
Andrés Di Tella, 2007
FOTOGRAFÍAS
(Arxentina, 2007)
Dirección y Guión: Andrés Di Tella. Fotografía: Víctor Kino González. Dur.: 110'.
Para contar a historia de súa nai, nacida en Madrás, Andrés Di Tella emprende unha viaxe á India, que é tamén unha viaxe iniciática ao país descoñecido da nai. Nas voltas do camiño, intentando desvelar os enigmas da vida da nai, descobre a pantasma da súa propia identidade oculta.” A partir de imaxes da súa familia, o director mergúllase nunha viaxe en que xorden arestas inesperadas, riquísimas. O notable de Fotografías é que o filme, a medida que vai buscando a súa forma, mentres persegue ao modo dun detective privado as pegadas dun personaxe elusivo e misterioso, vai descubrindo outras arestas, igualmente ricas, que non estaban no plan orixinal e que, con todo, se constitúen en momentos privilexiados do relato. Una historia fascinante e descoñecida.” (Luciano Monteagudo, páx. 12)