Andrés Di Tella
Del 30 de octubre de 2015 al 15 de noviembre de 2015
En colaboración con Tabakalera (San Sebastián)
Andrés Di Tella (1958) é un dos documentalistas máis destacados do continente americano e o seu cine combina a Historia co arquivo persoal e a primeira persoa. Tamén realizou instalacións, performances, pezas de vídeo arte e programas de televisión; produciu e dirixiu documentais para Canal 7 e Canal Encuentro (Arxentina), PBS (Estados Unidos) e Channel 4 (Gran Bretaña), entre outros. Conferenciante nalgunhas das principais institucións académicas do mundo (como a Universidade de Oxford), en 1999 fundou e dirixiu o Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente, máis coñecido polo seu acrónimo, BAFICI. Desde 2002 dirixe o Princeton Documentary Festival na Universidade de Princeton (Estados Unidos). Publicou ensaios en diferentes libros tanto en Arxentina como en Inglaterra, Brasil, Estados Unidos e Alemaña. O seu primeiro libro, Hachazos, publicouse ao mesmo tempo que a estrea da película homónima.
Organizado en colaboración coa institución donostiarra Tabakalera, este pequeno ciclo inclúe unha escolla dos traballos máis representativos de Andrés Di Tella; comezamos por un documental de gran repercusión en Arxentina co adaxio da súa estrea, Montoneros. Una historia (1994) e continuamos coa autobiográfica Fotografías (2007), a pescuda sobre a “conquista do deserto” decimonónica El país del diablo (2008) ou o retrato do cineasta experimental Claudio Caldini, Hachazos (2011), ademais dalgunhas curtametraxes. O ciclo concluirá o sábado 14 de novembro co seu último documental, presentado recentemente no Festival de San Sebastián, 327 cuadernos (2015), retrato nesta ocasión dun escritor, Ricardo Piglia. Esta sesión estará presentada polo propio Andrés Di Tella.
Agradecementos: Víctor Iriarte/Tabakalera, Andrés di Tella, Gema Films (Buenos Aires), Programa Ibermedia (Madrid).
![Fotografías Fotografías](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_3372.jpg?itok=MsbBuz7H)
Fotografías
![El país del diablo El país del diablo](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_3373.jpg?itok=WJIn-tR0)
El país del diablo
![Hachazos Hachazos](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_3374.jpg?itok=KrK5sE9i)
Hachazos
![327 Cuadernos 327 Cuadernos](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_3375.jpg?itok=gqyjqTdD)