
Yumen
JP Sniadecki, 2013
65'. Vídeo HD. Presentación de JP Sniadecki. Subt. galego. Entrada de balde.
YUMEN
(Estados Unidos-China, 2013)
Dirección: JP Sniadecki, Huang Xiang e Xu Ruotao. Guión: JP Sniadecki, Huang Xiang, Xu Ruotao e Yinyan. Produción: Film Study Center (Universidade de Harvard). Fotografía: JP Sniadecki e Huang Xiang. Duración: 65 minutos.
John Paul Sniadecki (Michigan, 1979) virá presentar este documental situado na vila fantasmal de Yumen, próspera algunha vez pola súa produción petroleira no árido noroeste da China. Unha historia de almas famentas, mocidade rebelde, un artista vagabundo e unha muller solitaria, todos na procura da conexión humana e mais dun pasado colectivo entre a paisaxe decadente do municipio.