Wings / Alas
William A. Wellman, 1927
144'. DCP. Rót. Castelán
Wings / Alas
(Estados Unidos, 1927)
Dirección: William A. Wellman. Guión: John Monk Saunders, Hope Lauring. Fotografía: Harry Perry. Intérpretes: Clara Bow, Charles 'Buddy' Rogers, Richard Arlen, Gary Cooper. Dur: 144'.
Dous rapaces, un rico e outro de clase media, loitan polo amor da mesma muller en canto se dispoñen a combater como pilotos na Primeira Guerra Mundial.
Gran éxito na filmografía de Wellman, onde intentou trasladar á pantalla con realismo as súas vivencias como piloto no bando aliado. Cartos non lle faltaron. A cinta, con dous millóns de orzamento (algo impresionante nese momento) tardou nove meses en filmarse, con todos os medios da aviación estadounidense ao dispor do director. O resultado asombrou á Academia do Cine, que lle concedeu o primeiro Óscar da historia.