Teddy Williams: curtametraxes
Teddy Williams, 2011-2014
90'. DCP. Subt. Castelán. Presentación: Teddy Williams
Tôi quên rồi! / Esquecinme!
(Francia, Vietnam, 2014)
Dirección e guión: Teddy Williams, Nahuel Pérez Biscayart. Fotografía: Teddy Williams. Intérpretes: Canh Cao Ba, Trung Pham Viet. Dur: 29'.
O amplo ángulo captura nun xesto a vida de Hoa, que sempre anda arrodeado de amigos nun tránsito constante polas rúas de Hanoi. Unha vez máis, Williams mostra o seu interese nos grupos e a súa capacidade para filmalos. Simplicidade e unha graza notable para abordalos aínda que parezan estar desconectados da terra.
Que je tombe tout le temps? / Que caio todo o tempo?
(Francia, 2013)
Dirección, guión e fotografía: Teddy Williams. Intérpretes: Nahuel Pérez Biscayart, Rachid Yous, Nicole Payen. Dur: 15'.
Un mozo na busca dunha semente sae da clandestinidade en que pasa o tempo cos seus amigos. Na súa compaña, comeza unha longa viaxe dixestiva.
El ruido de las estrellas me aturde / O ruído das estrelas apárvame
(Arxentina, 2012)
Dirección, guión e fotografía: Teddy Williams. Intérpretes: José Maldonado, Santiago Miranda, Jerónimo Quevedo. Dur: 20'.
Subide, saltemos, os campos son verdes e as casas grises. Somos moi pequenos e sinto que os poros da miña pel están a agrandarse.
Pude ver un puma / Puiden ver un puma
(Arxentina, 2011)
Dirección, guión e fotografía: Teddy Williams. Intérpretes: Fernando Contigiani García, Nahuel Pérez Biscayart, Jerónimo Quevedo. Dur: 17'.
Un accidente leva a un grupo de mozos desde o alto dos tellados do seu barrio ata as profundidades da terra, pasando pola súa destrución.
Tan atentos
(Arxentina, 2011)
Dirección, guión e fotografía: Teddy Williams. Intérpretes: Lucas Escariz, Marcelo Rasch, Maximiliano Villalba. Dur: 8'.
Nun pequeno supermercado de barrio de Arxentina, un mozo non atopa o que busca. Os seus amigos, nas rúas, tampouco. Quizais, nun terreo baleiro, no medio dunha aperta, si que o atopen.