Curtocircuíto: Teddy Williams
Del 8 de septiembre de 2017 al 10 de octubre de 2017
Dende a inercia dun movemento constante e impreciso, Teddy Williams foi construíndo unha obra que reflicte a incerteza dunha mocidade case esquecida e abandonada polos adultos, e que dalgún xeito tamén emerxe coma un retrato íntimo do seu país, Arxentina. Un conxunto de filmes que medran en progresión coherente e que foron mostrados na Quincena dos Realizadores do Festival de Cannes, FIDMarseille, Toronto International Film Festival, Tate Cinema ou o Festival de Locarno, que recibiu con entusiasmo a estrea da súa primeira longametraxe, El auge del humano (2016). Curtocircuíto pon o acento no traballo deste cineasta novo, mais xa consagrado, ofrecendo toda a súa produción nesta altura.
En colaboración con Curtocircuíto Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela.