Sueñan los androides/ Androiden traümen
Ion de Sosa, 2014
60'. DCP.
SUEÑAN LOS ANDROIDES / ANDROIDEN TRAÜMEN
(España, Alemania, 2014)
Dirección: Ion de Sosa. Guión: Ion de Sosa, Jorge Gil Munarriz, Chema García Ibarra. Intérpretes: Manolo Marín, Moisés Richart, Marta Bassols, Coque Sánchez. Dur.: 60'.
Ion de Sosa (True Love) xira a cámara dende si mesmo cara ao mundo. Mais, que mundo?: o dunha cidade que ben podería ser Marte, outra dimensión, a terra tras a apocalipse ou mesmo Benidorm. Un robótico home armado, unha parella nova e mais o seu bebé, un home gai, unha ovella e variados personaxes locais barállanse nun filme inenarrable que é á vez cine negro, esperpento español, comedia surreal, diario e distopía desencaixada (non é casual a chiscadela a Philip K. Dick). Un filme libre como poucos, en que poden convivir ben levados Buñuel, Seidl, Lynch, Mekas e Miguel Noguera. (Catálogo SEFF 2014)