![STAUB STAUB](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_1529.jpg?itok=wmRAywew)
STAUB
Hartmut Bitomsky, 2007.
90´. Subtítulos en galego.
STAUB / DUST / [PO]
(Alemaña, 2007)
Dirección e guión: Hartmut Bitomsky. Produción: Heino Deckert para Deckert Distribution. Duración: 90 minutos.
Docente e documentalista, o alemán Hartmut Bitomsky (Bremen, 1942) comeza a súa traxectoria codirixindo con nada menos que Harun Farocki The division of every day (1970). Nesta ocasión apela con aparente simplicidade a un elemento de vontade inquebrantable, o po, para estruturar unha alucinante e rigorosa investigación. Itinerario apaixonante, a película, proxectada no último BAFICI, perfílase como unha subliminal e sutil aproximación ás maneiras de traballar co inaprensible, o que está pero que non existe.