Sons do mercado+ Vikingland 2016
VV.AA, 2016
60'. HD. Presentación: Marcos Nine. Entrada gratuita
Sons do mercado
(España, 2016)
Dirección, guión e montaxe: Marcos Nine. Produción: Central Folque & Marcos Nine. Produción executiva: Ramón Pinheiro. Música: Alejandro Vargas. Son: Roi Gil. Posprodución: Fran X. Rodríguez. Dur: 29’.
O mercado é unha práctica tan ancestral como efémera. Os vendedores concéntranse nunha determinada zona da cidade e ás poucas horas desaparecen. E con eles un ecosistema sonoro que vai desde os golpes metálicos ininterrompidos aos reclamos de venda.
Sons do mercado é unha curtametraxe documental que ilustra o transcorrer dunha xornada no mercado de Salgueiriños en Santiago de Compostela, deténdose na percepción sonora do espazo, e na cadencia coa que as diferentes actividades que teñen lugar no espazo van variando da tranquilidade ao trafego conforme pasan as horas.
Vikingland 2016
(España, 2016)
Ulobit, España, 2016, 30'.
Composición baseada en material de “arquivo revelado” (found footage) da película Vikingland (2011) do director galego Xurxo Chirro. O realizador emprega planos e secuencias desbotadas no filme orixinal e o espectador é levado a un espectáculo abstracto audiovisual que pretende ser máis unha intensa experiencia estética que unha narración convencional dunha película coa banda sonora de electrónica e zanfona especialmente creada para o efecto.