
Retransmisión en directo de El séptimo vicio de Radio 3 dende o CGAI
Entrada gratuita
El séptimo vicio é o programa de Radio 3 especializado en cine. O espazo dedica unha hora diaria, de martes a xoves, de 20 a 21 horas, a falar de películas independentes. Dirixido e presentado por Javier Tolentino, a emisión caracterízase por entrevistas en profundidade acompañadas de boa música. As visitas de Tolentino ao CGAI permiten
difundir en toda España a programación do centro. Nesta ocasión, a difusión contará cos seguintes contidos:
- Presentación do proxecto Cinema en curso, iniciativa pedagóxica coordinada dende o CGAI na que estudantes de primaria e secundaria realizan películas da man dos seus profesores e co acompañamento dos cineastas Miguel Mariño, Marcos Flórez e Ángel Santos. A coordinadora do proxecto no CGAI, Mónica García, explicará en que
consiste o programa, acompañada por docentes, cineastas e alumnos implicados nel.
- Entrevista a Larry Gottheim, que presenta inmediatamente despois tres películas no CGAI.
- Todo acompañado pola música en directo de Nastasia Zürcher.