Jem Cohen (I)
Del 1 de febrero de 2010 al 28 de febrero de 2010
En colaboración co Festival Internacional de Cine Documental de Navarra “Punto de Vista” e IVAC-La Filmoteca de Valencia.
Estadounidense nado en Cabul (Afganistán) en 1962, Jem Cohen comeza a filmar en formatos subestándar a principios dos anos oitenta do secúlo pasado. A súa forma de traballo rapidamente o achega ao campo do vídeo musical, onde se converte no director ou parte importante das mellores pezas visuais de artistas como REM, Sonic Youth, Fugazi e Patti Smith. Crecido en Washington pero criado culturalmente nas rúas de Nova York, Cohen practica un cine underground en espírito, formas e medios, capaz de combinar a textura do Súper 8 e o 16 mm co ruído do vídeo, dixital ou analóxico, nunha obra de clara inspiración independente. Documentais, travelogues, ensaios e vídeos musicais (que non videoclips) mestúranse nunha obra tan fotográfica como musical e política, auténtica rebeldía punk levada ao cine. O ciclo está estruturado en 8 programas organizados por temas e afinidades.
O CGAI organiza o xoves 18 de febreiro unha Master-Class impartida polo propio Jem Cohen na sede coruñesa da Fundación Caixa Galicia.
Agradecementos: Jem Cohen.

Programa 2: Empires / Imperios
