HOWARD HAWKS: 3 COMEDIAS
Del 8 de enero de 2013 al 28 de febrero de 2013
O espírito da chamada screwball comedy, sorte de comedia louca, chea de personaxes gozosamente irresponsables e ritmo trepidante, que se desenvolve a partir dos anos 30 no cine estadounidense, forma parte tamén do legado do cineasta Howard Hawks (1896-1977), célebre autor de clásicos como Scarface (1932), Sólo los ángeles tienen alas (1939), Luna nueva (1940), El sueño eterno (1946), Río Bravo (1959) o ¡Hatari! (1962).
Neste pequeno foco, proxectamos tres títulos, a mítica La fiera de mi niña (1938), a maxistral e orgánica Me siento rejuvenecer (1952) e a eficaz Su juego favorito (1964), comedias unidas fundamentalmente por dous feitos: a posta en escena e os aspectos visuais son as claves do humor –Hawks nunca empregaba frases graciosas ou como dicía Robin Wood, a comicidade que aplica é “cuestión de xesto, expresión e entoación”- e a complicidade dun intérprete determina, presente ou ausente, os tres títulos, o inigualable Cary Grant, protagonista das dúas primeiras e que, por razóns de idade, declinaría participar en Su juego favorito, substituído por Rock Hudson.