La fiera de mi niña
Howard Hawks, 1938
102'. Subt. castelán.
BRINGING UP BABY / LA FIERA DE MI NIÑA
(Estados Unidos, 1938)
Dirección: Howard Hawks. Guión: Dudley Nichols, Hagar Wilde, sobre unha historia de Hagar Wilde. Produción: RKO Radio Pictures. Fotografía: Russell Metty. Intérpretes: Cary Grant, Katherine Hepburn. Duración: 102 minutos. David Huxley, un paleontólogo, precisa un millón de dólares para concluír as súas investigacións sobre a reconstrución dun dinosauro. Ten unha reunión co avogado dunha millonaria interesada en subvencionar o proxecto. Mentres, crúzase no seu camiño Susan Vance, unha moza da alta sociedade. O leopardo domesticado de Susan, Baby, enterra a clavícula intercostal do esqueleto de dinosauro. David parece volverse tolo na procura do óso. O dúo protagonista Grant-Hepburn, os excelentes secundarios –de Barry Fitzgerald a May Robson pasando por Ward Bond ou Charles Ruggles-, o sentido moral e o maxistral oficio de Hawks máis un xeneroso guión fabrican esta comedia mítica e influínte que vai chegar no tempo ata o tributo talentoso –de ¿Qué me pasa, doctor? (1972) de Peter Bogdanovich ata parte da “comedia de aduanadas” contemporánea- construíndo un dos títulos emblemáticos do Hollywood clásico.