Off Galicia
Del 15 de septiembre de 2011 al 31 de octubre de 2011
A variedade da produción galega constatase a través das sesións destes dous meses: puntais da animación (Peque Varela, Alberto Vázquez); a volta ao talento e ritmo de traballo in crescendo do especialista en cine experimental Alberte Pagán; a veta intimista de Borja Mucientes, con xogos en torno aos diferentes modos de relato do amor e a soidade (en diálogo coa curta de Sergio Pena Amor ansioso); a análise das pisadas da memoria histórica por parte do documentalista Jorge Gil e a celebración do Dia Mundial da Arquitectura (3 de outubro) en colaboración co Colexio de Arquitectos co pase de Unha viaxe por...1929-2009, retorno aos lugares de filmación d’Un viaje por Galicia (1929) de Luis R. Alonso –a restauración deste filme documental representou a estrea do CGAI hai 20 anos- a cargo do arquitecto Pablo Gallego Picard.
Unha orixinal iniciativa, o Festival Freakemacine 2.0, aparece aderezado na súa posta en escea de boas doses de espectáculo, cunha singular escenografía e sketches cómicos, Neste ámbito preséntanse as curtas El ataque de los robots de Nebulosa-5 (Chema García Ibarra, 2008), Jack (Krishan Randel, 2009), Brutal Relax (Adrián Cardona, David Múñoz e Rafa Dendrá, 2010), Les bessones del carrer de Ponent (Marc Riba e Anna Solanas, 2010), Dolorosa (Christoph Debacq, 2009), Jugando con la muerte (Paul Urquijo, 2010), Por gloria divina (Rodrigo Atiénzar, 2010) e La terrible malédiction (Stephane Papet, 2009).
Agradecementos: Alberto Vázquez, Peque Varela, María Núñez, Xurxo García, Juanillo Esteban, Rogelio Fernández, Nacho Rouco, Asociación Cultural Manicómicos, Alberte Pagán, Pablo Gallego Picard, Marta Trasancos, COAG (delegación A Coruña), Borja Mucientes, Sergio Pena, Jorge Gil.