Amor ansioso
Sergio Pena, 2010
18’. Vídeo. Presentación a cargo do seu autor. Entrada gratuíta.
AMOR ANSIOSO
(España, 2010)
Dirección e guión: Sergio Pena. Produción: Ana Diz. Fotografía: César Seijas. Intérpretes: Alejandro Carro, Belén Constenla, Xosé Manuel Olveira «Pico». Duración: 18 minutos.
Unha historia de amor diferente, protagonizada por Iván, un mozo de familia acomodada afectado pola ansiedade, e Mari, unha rapaza que chega á oficina onde el traballa. Traxicomedia que representa o paso á dirección do compositor Sergio Pena.