Festival Freakemacine 2.0
VV. AA.
117’. Vídeo. Presentación a cargo dos organizadores. Entrada gratuíta.
EL ATAQUE DE LOS ROBOTS DE NEBULOSA-5
(España, 2008)
Dirección, guión e produción: Chema García Ibarra. Fotografía: Alberto Gutiérrez. Intérpretes: José Manuel Ibarra, Carmen Esteve. Duración: 6 minutos.
Os robots espaciais atacarán a terra moi pronto. Veñen de Nebulosa-5, o punto máis lonxano do universo. Curta presente en Sundance e Cannes.
JACK
(Canadá, 2009)
Dirección: Kryshan Randel. Guión e produción: Marilyn Thomas. Fotografía: Ian Kerr. Intérpretes: Trevor Carroll, Anita Reiner. Duración: 6 minutos.
Unha fuxida devén en pesadelo cando duás parellas rivalizan nunha perversa escabechina de cabazas, invocando unha terrible vinganza.
BRUTAL RELAX
(España, 2010)
Dirección: Adrián Cardona, David Múñoz e Rafa Dengrá. Guión: David Múñoz. Produción: Eva Ayats, Adrián Cardona, David Múñoz e Rafa Dengrá. Fotografía: Rafa Dengrá. Intérpretes: José María Angorrilla, Pep Sais. Duración: 15 minutos.
O Señor Olivares está recuperado dos seus problemas nerviosos polo que lle conceden a alta médica. O consello é que disfrute dunhas vacacións en algún lugar idílico e que se comporte como calquera turista. Premio na Semana de Cine Fantástico e de Terror de San Sebastián.
LES BESSONES DEL CARRER DE PONENT
(España, 2010)
Dirección e guión: Marc Riba e Anna Solanas. Produción: I+G Stop Motion. Fotografía: Ana Molins. Duración: 13 minutos.
Quinta curtametraxe do dúo de creadores cataláns Marc Riba e Anna Solanas, unha das súas pezas máis recentes na tradición da animación sinistra. Premio en Sitges.
DOLOROSA
(Francia, 2009)
Dirección e guión: Christophe Debacq. Produción: Fabrice Lambot. Fotografía: Karin Hussain. Intérpretes: Clémence Verniau, Olivire Scarbonchi. Duración: 17 minutos.
O tempo parece detido. Días, mesmo meses. A moza non sabería canto tempo leva xa pechada. Esquecida por todos agás pola man que cada día trae a comida. O último nexo co mundo dos vivos.
JUGANDO CON LA MUERTE
(España, 2010)
Dirección e guión: Paul Urkijo. Produción: 47 Ronin. Fotografía: Gorka Gómez. Intérpretes: Txema Blasco, Ander Pardo. Duración: 18 minutos.
O avó Eusebio comeza a ser unha carga para a súa familia. Todos pensan que está senil e que conta historietas propias dun tolo, pero el pode demostrar que venceu á morte.
POR GLORIA DIVINA
(España, 2010)
Dirección e guión: Rodrigo Atiénzar. Produción: José Luis Farias e Alfonso Fulgencio. Fotografía: Nicolás Pinzón. Intérpretes: Soosie Dodd, Alba González. Duración: 9 minutos.
Gloria é a santeira dun pobo do interior da Mancha a principios dos 90. Célebre, recibe visitas de moitos peregrinos que desexan ser exorcizados. A súa filla, Carmen, teme os delirios da súa nai, cada vez máis violentos.
LA TERRIBLE MALÉDICTION
(Bélxica, 2009)
Dirección e guión: Stephane Papet. Produción: Revolver Prod. Fotografía: Michael Pirard. Intérpretes: Julie Baseqz, Serge Baudoux. Duración: 11 minutos.
O coche de Lea párase nunha solitaria estrada en medio dun bosque. Soa e perdida percorre o camiño coa esperanza de atopar axuda, mais o que ve faralle comezar unha terrible carreira.