Da Éxtase ao Arrebato. 50 anos do outro cine español
Del 1 de septiembre de 2011 al 31 de octubre de 2011
En colaboración con: Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB), Acción Cultural Española e Filmoteca de Catalunya.
Programa de Xcèntric, o cine do CCCB, desenvolvido desde a institución barcelonesa, coa contribución de Acción Cultural Española e Filmoteca de Catalunya, comisariado polo cineasta, programador e especialista en cine experimental Antoni Pinent -contamos coa súa presenza para presentar o ciclo-, ofrecemos un amplo recorrido polas obras de referencia que conforman a pouco coñecida historia do cine experimental no noso país. O ciclo consiste nunha retrospectiva do cine experimental español desde finais dos anos 50 (figuras como José Val del Omar, Joaquim Puigvert ou o galego Eugenio Granell) ate a produción actual das novas xeracións (Oriol Sánchez, David Domingo ou Laida Lertunxdi), pasando pola obra de Carles Santos, Javier Aguirre, Eugeni Bonet, José Antonio Sistiaga ou Iván Zulueta. 44 pezas, distintos formatos e seis sesións organizadas de xeito transversal e non necesariamente cronolóxico, as diferentes sesións fomentan un diálogo entre as obras clásicas e as máis recentes. Como complemento enriquecedor ofrecemos un documental que nos achega a historia (mundial) do cine experimental, Free radicals: A History of Experimental Cinema do experto Pip Chodorov (Nova Iorque, 1965), incluido nas estreas de “Fóra de serie”, e Fragmentos para una historia del otro cine español de Andrés Hispano (con guión de Pinent).
Agradecementos: Antoni Pinent, Andrés Hispano, Gloria Vilches, La Chula, Alicia Reginato, Sacrebleu Productions (Francia), Estelle Ampe.