Pintura-Movemento: …ere erera baleibu izik subua aruaren...
José Antonio Sistiaga, 1968-1970.
75´.
...ERE ERERA BALEIBU ICIK SUBUA ARUAREN...
(España, 1968-1970)
Dirección e guión: José Antonio Sistiaga. Produción: X Films, SA. Duración: 75 minutos.
Un espectáculo visual único: un filme pintado sobre soporte celuloide polo gran artista vasco José Antonio Sistiaga (San Sebastián, 1932) e realizado sen cámara. Despois de ano e medio de traballo, o financiamento do mecenas Juan Huarte, o resultado serán 1.645 metros de celuloide pintados cunha deformación de lente posterior, ausencia de banda sonora e unha proposta constituída por puntos, manchas e figuras abstractas que constitúe un dos momentos álxidos do cine experimental en España e unha auténtica experiencia para o espectador.