
Plácido
Luis G. Berlanga. 1961
85'. 35mm.
Plácido
(España, 1961)
Dirección: Luis G. Berlanga. Guión: Rafael Azcona, José Luis Colina, José Luis Font, Luis G. Berlanga. Fotografía: Francisco Sempere. Intérpretes: Cassen, José Luis López Vázquez, Amelia de la Torre, José María Caffarel, Xan das Bolas. Dur.: 85'
Unhas beatas organizan unha campaña de acollida de pobres para Noitevella. O lema é “Sente un pobre á súa mesa”. No medio dos preparativos encóntrase Plácido, contratado para participar co seu motocarro na cabalgata. Mais ese mesmo día vence a primeira letra do motocarro, o seu único medio de vida. Memorable fresco social, excepcional manexo da coralidade dun magno grupo de intérpretes, hiperbólico uso da expresión grotesco-esperpéntica cultural, unha mostra da fondura e das varias capas de lectura formal e narrativa do cine de Berlanga. Finalista ao Óscar á mellor película estranxeira.