Os presentes proxectados
- 71 min.
Ignacio Pardo, Paseantes, 2003, 7 min 33 s
O mar característico e rompente nunha praia, humanizada por mulleres e homes que co seu paseo sociabilízana. Son acompañados por esqueletos infográficos. Disolución final ocupando o mar a imaxe toda.
Xoán Anleo e Uqui Permuy, Asuntos internos, 2007, 22 min 40 s
«Do íntimo ao público. Os relatos privados de catro mulleres de diferentes xeracións fan visible a estrutura histórica do último século.» (Xoán Anleo.) (Obra en Colección CGAC.)
Juan Lesta e Belén Montero, Estiven en Galicia e lembreime de ti, 2006, 5 min 46 s
«Vídeo xerado en tempo real, en que se reinterpreta a imaxe turística tradicional galega en clave irónico-crítica.» (Belén Montero e Juan Lesta.)
Roge Fdez, EX-TRAN-GE, 2011, 10 min 11 s
«Comedia negra que cuestiona a nosa propia capacidade de consciencia ante a traxedia e a nosa necesidade de rírmonos.» (Roge Fernández.)
Xisela Franco, Vía Láctea, 2013, 4 min
«Autorretrato de maternidade, sobre corpos nus proxéctase unha película de 16 mm, restos de celuloide antigo reutilizado, e material pintado fotograma a fotograma.» (Xisela Franco.)
Federico Vladimir Strate Pezdirc, Full Diva Battle Spangled Banner, 2017, 2 min 47 s
«Colaxe audiovisual a partir de imaxes de divas pop americanas cantando o himno dos Estados Unidos» (Federico V. Strate).
Carla Andrade, El paisaje esta vacío y el vacío es paisaje, 2017, 17 min
Partindo dunha frase do poeta coreano Dalchin Kim, evócase, mediante as paisaxes baleiras do deserto de Atacama, a cosmovisión integrada da cultura andina.» (Carla Andrade)
-
Mirada País. Videocreación
Os presentes proxectados
Presentación: Alberto Carton (comisario), Antón Reixa. Conversa: Antonio Segade, Federico Strate. Entrada gratis
- Ano:2017
- Países de producción: España