
Forest of Bliss
Robert Gardner, 1986. 90’.
Presentación: Lucien Castaing-Taylor e Ilisa Barbash
FOREST OF BLISS
(Estados Unidos, 1986)
Dirección e fotografía: Robert Gardner. Produción: Robert Gardner e Akos Ostor para Film Study Center. Duración: 90 minutos.
A vida cotiá en Benarés (India), un dos grandes lugares sagrados do mundo. Carente de maneira deliberada de apoio textual, o gran documentalista etnográfico Robert Gardner (Massachusetts, 1925) deixa que as imaxes amosen a súa esencia facendo partícipe ao espectador das experiencias examinadas. No ano 2001 publicouse o libro Making Forest of bliss e tamén se fixo unha exposición fotográfica.