El Havre
Aki Kaurismaki, 2011.
92'. Subt. castelán.
LE HAVRE / EL HAVRE
(Finlandia-Francia-Noruega, 2011)
Dirección e guión: Aki Kaurismaki. Produción: Sputnik Oy, Pyramide Productions, Pandora Film, arte France Cinéma, ZDF/Arte, Canal + e The Finnish Film Foundation. Fotografía: Timo Salminen. Intérpretes: André Wilms, Kati Outinen. Duración: 92 minutos.
Marcel Marx, un escritor bohemio, autoexíliase na cidade portuaria de Le Havre, onde sente que está máis preto da xente despois de adoptar o honrado oficio de limpabotas e unha vez esquecidos os soños de gloria literaria. A súa vida transcorre entre o bar preferido, o traballo e a súa muller Arletty. Un día, Marcel crúzase cun emigrante menor de idade chegado da África negra.
Arletty enferma e a Marcel non lle queda máis remedio que se alzar co seu optimismo e a solidariedade dos veciños como armas. Pelexando coa maquinaria dun Estado policial segue a pista ao mozo refuxiado.
Enésima obra mestra de Aki Kaurismaki, excelente mostra dun cine singular, luminoso, cheo de respecto e interese pola condición humana. Premio FIPRESCI en Cannes