Van Gogh
Maurice Pialat, 1991
158’. Subt. Galego
VAN GOGH (Francia, 1991) Dirección e guión: Maurice Pialat. Produción: Erato Films, Studio Canal +, Films A2 e Les Films du Livradois. Fotografía: Emmanuel Machuel e Gilles Henry. Intérpretes: Jacques Dutronc, Alexandra London. Duración: 150 minutos. Maio de 1890. O pintor Vincent Van Gogh chega á localidade de Auvers-sur-Oise e instálase nunha modesta pensión na que establece relación cun admirador da súa obra, o doutor Gachet e a súa filla Marguerite. Van Gogh comeza con ela unha relación afectiva. Traballando por momentos de maneira compulsiva e arrastrado cara á loucura, con visitas ocasionais ao seu irmán e protector Théo e a prostituta Cathy, Pialat presenta de novo a súa procura ou esixencia de verdade, a plasmación dun proxecto que perseguiu durante 30 anos, unha homenaxe ao mesmo tempo á súa vocacion de pintor. Cesar ao mellor actor (Jacques Dutronc).