ABANICO ROJO
Pedro Ortuño, 1997
85´. Vídeo. Entrada gratuíta.
ABANICO ROJO
(España, 1997)
Dirección, guión e produción: Pedro Ortuño. Duración: 85 minutos.
É unha narración que mestura historia privada e memoria colectiva a propósito da guerra civil española e dos «nenos da guerra» acollidos na URSS, combinando imaxes de arquivo e entrevistas con diversos testemuños daquel éxodo e dunha xeración sucesiva xa nacida alí. Achegamento xeracional nun proxecto que compila a memoria espallada do éxodo durante a guerra civil e a súa invocación.