
NCI-20 Xeración interrompida: Flotel Europa
Vladimir Tomić, 2015
71'. Vídeo HD. Subt. Galego. Presentación Miquel Martí Freixas. Entrada gratis
Flotel Europa
(Dinamarca / Serbia, 2015)
Dirección: Vladimir Tomić. Dur.: 71'
Un numeroso grupo de refuxiados da guerra de Iugoslavia chegou nos 90 a Dinamarca. Durante vasto tempo sobreviviron instalados nun barco amarrado en Copenhague, chamado con ironía Flotel Europa. Os máis novos tiveron que medrar e madurecer nestas duras e inusuais condicións. A partir de imaxes VHS rodadas polos propios habitantes deste campamento de refuxiados flotante, o cineasta Vladimir Tomić escribe unhas sinceras memorias da súa adolescencia.