NCI-20 Herdanzas íntimas: Dremano Oko/ Dad
VV.AA, 2003-2010
101'. 35mm. Subt. Galego
DREMANO OKO
(Francia / Serbia, 2003)
Dirección: Vladimir Perišić. Dur.: 30'.
O pequecho Relja vive nun presente violento, imbuído por un perverso sistema de valores que ocuparon as rúas de Iugoslavia durante os anos 90. Encóntrase illado no fogar, onde seu pai é o ministro de policía dun goberno vil, e desorientado entre os amigos, ata que estoupará en rebeldía, a buscar os valores destruídos pola xeración dos pais.
OČA / Dad
(Eslovenia, 2010)
Dirección: Vlado Škafar. Dur.:71'.
Na época presente, os cambios de sorte e as desigualdades da sociedade capitalista impoñen un futuro inestable aos habitantes de todos os países. Un pai (Miki Ros) sofre, coma toda a súa xeración, a incerteza e frustracións do mercado laboral. A un tempo, tenta emendar os erros da súa vida. A separación familiar afastouno do seu fillo (Sandi Salamon), a quen leva un día a pescar. O pai procura achegarse ao fillo, comprendelo, admirar o seu crecemento e preocuparse polo seu porvir. O realizador-poeta Vlado Škafar crea una fermosa e inaprensible aura no íntimo encontro entre os dous varóns.