
NASHVILLE
Robert Altman, 1975
147’. Subtítulos en castelán. Novo Hollywood
(Estados Unidos, 1975)
Dirección: Rober Altman. Guión: Joan Tewkesbury. Produción: Robert Altman / American Broadcasting Corporation. Fotografía: Paul Lohmann. Intérpretes: David Arkin, Barbara Baxley, Ned Beatty, Karen Black, Ronee Blakley, Timothy Brown, Keith Carradine, Geraldine Chaplin. Dur.: 159 min.
En Nashville, con Kennedy enterrado e Vietnam empezando a sangrar… amas de casa aburridas, unha estrela do rock, aspirantes a cantantes country, unha xornalista… reúnense para apoiar un extravagante político que intenta chegar á presidencia desde fóra do sistema. Un dos títulos clave do Novo Hollywood e o que funda o subxénero do cine coral moderno.