Motion Picture/ Chinese Ping-pong/ Pelota
Jørgen Leth, 1970-1983
81'. DCP. Subt. CAstelán
Motion Picture
(Dinamarca, 1970)
Director: Jørgen Leth, Ole John. Dur: 20'.
Pon o tenista danés Torben Ulrich como exemplo, Leth investiga a natureza do cine nunha ensaiada danza de saques, tiros e escenas de dobre exposición ou a cámara lenta.
Kinesisk Bordtennis (Ping-pong chinés)
(Dinamarca, 1972)
Director: Jørgen Leth. Dur: 14'.
Película sobre a culminación artística que implica o ping-pong na súa mellor versión e retrata o retorno de China ao mundo deportivo internacional.
Pelota
(Dinamarca, 1983)
Directro: Jørgen Leth. Dur: 47'.
Constitúe unha perspectiva documental (e cativadora) do xogo de pelota vasca. O filme mostra en que consiste o xogo e quen son os xogadores, non só os máis famosos (e os mitos que os rodean), senón tamén os que xogan nas rúas e rueiros. (Do catálogo da 12ª edición de Curtocircuíto).