
Metrópolis
Fritz Lang, 1927.
146´. Subt. castelán. Acompañamento musical a cargo do pianista Javier Pérez Castro. Entrada de balde.
METROPOLIS / METRÓPOLIS
(Alemaña, 1927)
Dirección: Fritz Lang. Guión: Fritz Lang e Thea von Harbou. Produción: UFA. Fotografía: Karl Freund e Günther Rittau. Intérpretes: Brigitte Helm, Alfred Abel. Duración: 146 min.
A película máis cara da UFA é unha parábola futurista que transcorre no ano 2026 onde os obreiros viven e traballan dez pisos baixo terra. Unha moza, María, ante a posibilidade de sublevación, tranquilízaos a falarlles dun futuro apracible e mellor. O amo da cidade, Fredersen, ordénalle ao científico Rotwang que cree un robot coas faccións de María, dada a súa influencia nos traballadores, para levalos a unha rebelión suicida. Lendaria superprodución a modo de visionaria coreografía de imaxes marcada pola precisión e as simetrías da arquitectura visual proposta por Lang. En 2008 o achado en Buenos Aires dunha copia orixinal en 16 milímetros con metraxe engadida (26 minutos inéditos e nada menos que a montaxe de escenas da estrea) supuxo un custoso traballo de restauración que deixou unha nova copia. Co gallo do 21º aniversario do CGAI ofrecemos a proxeccion desta copia da película con acompañamento musical ao piano de Javier Pérez Castro.
-
Expresionismo: cine fantástico e de terror alemán (1919-1927)
Metrópolis
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm. -