
Mamai Fedra
Euloxio Ruibal, 2008
22'. Vídeo. Entrada gratuíta.
Presentación: Euloxio Ruibal
MAMAI FEDRA
(España, 2008)
Dirección e guión: Euloxio R. Ruibal. Produción: Xoán Xosé Piñeiro. Fotografía: Ovidio Fernández. Intérpretes: Clara Gayo, Susana Dans. Duración: 22 minutos.
“Revisitación audiovisual (e particular) do mito clásico. Fedra ten ao seu marido, Teseo, na guerra. “Viúva dun vivo”, sente un amor apaixonado por Hipólito, o seu fillastro. Fedra, soa e aborrecida, intenta seducilo. Renega de heroes e mártires. Só precisa homes. E fillos. Ou iso di. E seguimos a preguntar: Que hai detrás deste misterioso e fascinante personaxe?” (Euloxio R. Ruibal).