
Los condenados
Isaki Lacuesta, 2009.
104’. Entrada gratuíta.
Presentación (21 horas): Isaki Lacuesta
LOS CONDENADOS
(España, 2009)
Dirección: Isaki Lacuesta. Guión: Isaki Lacuesta e Isa Campo. Produción: BNC Produccións. Fotografía: Diego Dussuel. Intérpretes: Daniel Fanego, Arturo Goetz. Duración: 104 minutos.
Dous ex-guerrilleiros latinoamericanos volven atoparse despois de tempo con motivo dunhas escavacións na procura dos restos dun antigo compañeiro. Os ideais revolucionarios, as diversas formas de loita, as perspectivas xeracionais, a repercusión no imaxinario colectivo, a culpa ou os dilemas morais, nun título dirixido por Isaki Lacuesta (Cravan versus Cravan; La leyenda del tiempo) que deliberadamente foxe do espazo e o tempo para universalizar un dos grandes temas da Historia: a plasmación da considerada utopía. Rodada en Perú, Arxentina e España, a sutil narración, como recorda Lacuesta, combina na súa reflexión un catálogo de referencias que van de Joseph Conrad á ditadura arxentina, a revolución rusa e grupos armados como ETA. Premio FIPRESCI en San Sebastián 2009.