Le charme discret de la bourgeoisie / El discreto encanto de la burguesía
Luis Buñuel, 1972
100'. 35mm. Subt. Gallego
Le charme discret de la bourgeoisie / El discreto encanto de la burguesía
(Francia, 1972)
Dirección: Luis Buñuel. Guión: Luis Buñuel, Jean-Claude Carrière. Fotografía: Edmond Richard. Intérpretes: Fernando Rey, Paul Frankeur, Delphine Seyrig, Jean-Pierre Cassel, Stéphane Audran, Michel Piccoli. Dur: 100'.
Don Rafael Costa, embaixador de Miranda, e o matrimonio Thévenot están convidados a cear na casa do matrimonio Sénechal. Un malentendido fai que teñan que acabar indo pasar o serán a un restaurante, onde finalmente non os atenden porque o seu dono está morto cando eles chegan. A partir de aí, unha serie de estraños eventos, reais e inventados, frustran os plans deste discreto e encantador grupo de burgueses.
Fernando Rey encabeza o elenco dunha das películas máis surrealistas de Luis Buñuel, cunha nómina de actores en que tamén se contan Delphine Seyrig ou Michel Piccoli, entre outros. É o único actor español entre os protagonistas, todos franceses, pois a produción é completamente gala, ao contrario do que inicialmente quería Buñuel, que pretendía ambientar esta fábula en España. A censura franquista non o fixo posible, mais si conseguiu contar con Rey de protagonista.
Óscar á mellor película de fala non inglesa.