LAS AVENTURAS DEL PRÍNCIPE ACHMED
Lotte Reiniger, 1926.
66´. Entrada gratuíta.
LAS AVENTURAS DEL PRÍNCIPE ACHMED
(Alemaña, 1926)
Dirección e guión: Lotte Reiniger, inspirada en «As Mil e unha noites». Produción: Comenius-Film G.m.b.H., Berlin-Friedenau (Alemaña). Duración: 66 minutos.
O califa de Bagdad celebra con luxo o seu aniversario acompañado dos seus fillos Achmed e Dinarzade. Un bruxo preséntalle un cabalo máxico, que apaixona ao califa. O bruxo quere quedar coa súa filla, pero é detido. Achmed monta o cabalo e non o pode dominar, co que sae voando cara ás illas Wak-Wak, onde namora da princesa Peri-Banu. Inspirándose na narración tradicional “As Mil e unha Noites” desenvolve o conflito do Ben e o Mal articulando unha linguaxe e unha atmosfera de fábula, facilitada polas colaboracións de artistas e cineastas de renome.