Historias de cine para nenos
Del 1 de diciembre de 2007 al 31 de diciembre de 2007
En colaboración con Roberto Carlotti e Julie Dragon.
Iniciativa de periodicidade mensual dirixida aos máis novos, que contempla a versatilidade e posibilidades de aprendizaxe a través do cinema. No trimestre de outono centrámonos nos distintos tipos de animación. Os rapaces deberán ir acompañados dun adulto. A sesión deste mes, Las aventuras del príncipe Achmed (1926) de Lotte Einiger, unha das primeiras longametraxes de animación que se conservan, auténtico desafío tecnolóxico nun proceso de elaboración que levou 3 anos. Recoméndase para nenos a partir de 5 anos, aos que se lles entregará unha ficha didáctica. A entrada é gratuíta.
“Nun mundo protagonizado polas imaxes, coas súas representacións e metáforas tan influentes nos nosos hábitos, é necesario un programa de educación á imaxe. A xente nova ten unha relación con universos de ficción variados e á carta (videoxogos, Playstation e un sen fin doutros sucedáneos…), así como con masivas doses de programas televisivos, sen por iso posuír as claves que lles permitan ler e/ou interpretar as mensaxes transmitidas por medio destas imaxes.
A través desta programación mensual intentaremos ofrecer títulos variados que acheguen os rapaces a universos novos e enriquecedores, recorrendo a distintas áreas da historia do cine, procurar un abano suficientemente amplo como para estimular unha continuación máis didáctica no ámbito familiar. O descubrimento do cine en todos os seus compoñentes: curtas e longametraxes, filmes contemporáneos, cine mudo, cine de animación, documental, ficción.
A través de películas divertidas, serias ou emocionantes os rapaces descobren os momentos fortes da nosa historia, inícianse na lectura das imaxes, viaxan por outros horizontes, divírtense… E aman o cine!”
Roberto Carlotti e Julie Dragon.
Agradecementos: Christel Strobel, Deutsches Filminstitut Francfort (Alemaña).