 
      Komaneco, a gatiña curiosa
        Tsuneo Goda, 2006.  
                60’. Entrada gratuíta.
KOMANEKO, A GATIÑA CURIOSA
(Xapón, 2006)
Dirección: Tsuneo Goda. Duración: 60 minutos.
No alto do outeiro, na acolledora casa do avoíño, a vida flúe apraciblemente ao ritmo das estacións. Koma é unha gatiña con moita imaxinación que adora facer bonecas e convertelas en protagonistas das películas de animación que crea. Cinco aventuras con técnica stop motion.
 
                                