
Ikarie XB-1
Jindřich Polák, 1963
81'. DCP. Subt. Castelán. Entrada de balde
Ikarie XB-1
(Jindřich Polák, 1963) 81'.
É o ano 2163. A nave Ikarie XB-1 é enviada a un misterioso "planeta branco" que orbita arredor da estrela Alfa Centauri. Viaxando a unha velocidade próxima á da luz, a viaxe dura arredor de 28 meses para os astronautas, aínda que debido aos efectos da relatividade, transcorrerán na Terra 15 años no momento en que cheguen ao seu destino. Durante a viaxe a tripulación deberá adaptarse á vida no espazo, así como facer fronte a diversos riscos, como unha nave espacial abandonada do século XX que porta armas nucleares, unha "estrela escura" que emite una radiación mortal, e o desequilibrio mental dun dos tripulantes, que ameaza con destruír a nave. A AIP fixo numerosos cambios na versión en inglés do filme, cuxo título foi mudado a Voyage to the End of the Universe. Foron cortados dez minutos da metraxe orixinal, os nomes nos créditos foron "anglofonizados", o destino da nave foi rebautizado como "o planeta verde" e cambiouse o final. O guión, de Pavel Juráček e o propio director, está baseado na novela de Stanislaw Lem, La Nube de Magallanes (1955). Outros títulos baseados na súa obra foron First Spaceship on Venus (1960), Test pilota Pirxa (1979) ou Solaris (1968).