
Historia Cerebro/ Roda Cabeza/ Lago sabroso+ Kuso
VV.AA (2015-2017)
109'. Entrada gratuita hasta completar aforo
Historia Cerebro
Borja Santomé, 2015
Sinopse: É a primeira peza de esta triloxía. A miña intención foi plasmar o caos de a multitude a través de dous personaxes difusos que saen da cidade para fotografar unha estraña festa popular. A relación entre a festa e a violencia é algo que nos une ca animalidade dun xeito fascinante e realmente creo que hai algo atemporal e marabilloso en contar relatos sobre este tipo de sensacións.
Roda Cabeza
Borja Santomé, 2016
Sinopse: Na mesma liña ca peza anterior, Roda Cabeza é unha historia de mocidade desatada, de rúas de copas e descontrol. Interésame amosar a noite como escenario principal da mocidade, a música e o desenfreo, o escuro e o ambiguo intúese no camiñar dun escuro personaxe polos canellóns nun escenario de confusión e borracheira, e esa tensión culmina nunha pelexa de bar que acaba por incendialo todo.
Lago Sabroso
Borja Santomé, 2016
Sinopse: Este relato poderíase considerar unha continuación máis directa de Rueda Cabeza. O personaxe feminino cobra un maior protagonismo á vez co espírito da cidade e a súa atmosfera tamén se acentúa. A viaxe e o cambio están aquí de novo, o paso da costa á gran cidade, o contraste entre o doce e o macabro creando ese diálogo que tanto me interesa desenvolver no meu traballo.
Borja Santomé (Vigo, 1992) formouse na facultade de Bellas Artes de Pontevedra (España) e fixo o seu proxecto na Universidade de Kingston no Reino Unido. A súa primeira curtametraxe gaña o segundo premio Novos Valores das artes plásticas 2015, é a partir de este momento é cando o seu traballo se centra na animación, estando presente en exposicións e festivais de cinema en España, Reino Unido e Latinoamérica. Fincado en Londres traballa en proxectos de Stop Motion así como en pintura e instalación.
De seguido, unha das óperas primas a competición no festival:
Kuso
Steven Ellison, 2017
Sinopse: Producida por Eddie Alcazar e cunha Banda Sonora espectacular a base de temas de Flying Lotus, Aphex Twin e Akira Yamaoka. Kuso é unha película inclasificable. Bizarra e grotesca a partes iguais.
Distribuidora: Stray-Dogs Films sales@stray-dogs.com
Steven Ellison (Los Ángeles. 1983) a.k.a Flying Lotus ou FlyLo, é un produtor experimental de música multi-xénero, músico, DJ e rapero de Los Ángeles.
Produciu gran parte da música do bloque Adult Swim de Cartoon Network.
En 2012 comezou a rapear co nome de Captain Murphy, baseado no personaxe Sealab 2021 do mesmo nome baixo o que sacou a súa primeira mestura de rap, Duality. En setembro de 2016, asociouse co produtor Eddie Alcazar para realizar a espectacular curtametraxe FUCKKKYOUUU que Alcazar dirixiu cunha banda sonora producida por Flying Lotus. A curtametraxe foi presentado como estrea mundial na Sección oficial de Sundance Next Fest 2016 onde foi un éxito entre a crítica e o público. Ao ano seguinte, Ellison fixo o seu debut como director coa súa curtametraxe ROYAL, que presentou no Festival de Sundance 2016. KUSO, estreada na Sección Oficial do Midnight Program no Festival de Cinema de Sundance 2017 é o seu debut no longo como director.