Aguas pantanosas / Swamp Water
Jean Renoir, 1941
88'. 35mm. Subt. Castelán
Aguas pantanosas / Swamp Water
(EEUU, 1941)
Dirección: Jean Renoir. Guión: Dudley Nichols. Intérpretes: Walter Brennan, Walter Huston, Ann Baxter, Dana Andrews. Dur.: 86'.
Un grupo de cazadores saen na procura de dous membros do grupo perdidos nos pantanos de Georgia. Tras varias horas convéncense da súa morte, mais Ben Ragan intérnase nos pantanos perseguindo o seu can. Un criminal evadido, Tom Keefer, faino prisioneiro. “Aguas pantanosas pode vangloriarse igualmente de revolucionar en gran medida Hollywood. Por primeira vez, un gran estudio acepta a idea, despois de todo moi razoable, de non rodar os exteriores en interiores. Aguas pantanosas segue as normas de Toni, con vinte anos de experiencia atrás. Non se trata de afección ao risco, senón de certeza dentro da afouteza.” (Jean-Luc Godard)