Zampo y yo
Luis Lucía, 1965
105'. Vídeo. Entrada gratuita
Zampo y yo
(España, 1965)
Dirección: Luis Lucía. Guión: Luis Lucia, Leonardo Martín (Historia: Joaquín Parejo-Díaz, Raúl Peña). Fotografía: Juan Julio Baena. Intérpretes: Ana Belén, Fernando Rey, Luis Dávila, Humberto Semper, Francisco Ramírez, Montserrat Julio, Emiliano Redondo. Dur: 105'.
Ana Belén interpreta unha cativa rica de Madrid, que conta con todas as comodidades na casa, mais non co agarimo de seu pai. Infeliz, un día foxe do fogar e traba amizade cun pallaso de circo, Zampo, que lle fará ver a vida doutra maneira e lle alegrará un pouco a existencia.
Zampo y yo foi o primeiro papel para a actriz e cantante Ana Belén. A pesar de ser un fracaso de público nas salas, o filme popularizouse despois cos pases en televisión, ata o punto de se converter nunha das fitas representativas do cine infantil español dos sesenta. Fernando Rey dá vida ao pallaso Zampo, nunha das interpretacións máis atípicas da súa traxectoria.