UNHA CASA EN JERUSALÉN
Amos Gitai, 1998
87’. Vídeo. Subtítulos en galego
(Israel-Francia-Italia, 1998)
Dirección: Amos Gitai. Produción: Agav Films, La Sept Arte, Intereurop, Procirep, CNC, Mikado. Fotografía: Nurith Aviv. Dur.: 87 min.
Dezaoito anos despois de “Bait”, o cineasta regresa ao lugar onde rodou este primeiro filme para observar os cambios producidos na veciñanza e nos seus habitantes. Como un arqueólogo vai desvelando, capa a capa, un complexo labirinto de destinos. É sintomático que a rúa onde se levanta a casa se chame ‘Dor Dor ve Dorshav”, que significa literalmente ‘cada xeración ten a súa forma de interpretar a Biblia e de aplicala á vida moderna’.