Un legado de humo
Luis Argeo y James D. Fernández, 2014
50'. DCP. Subt. Castelán. Entrada gratis. Presentación: Luis Argeo e Pilar Cagiao
UN LEGADO DE HUMO / LEGACY OF SMOKE
(España, Estados Unidos, 2014)
Dirección e guión: Luis Argeo y James D. Fernández. Producción: White Stone Ridge. Dur.: 50'.
No gran teatro do Centro Asturiano de Tampa (Florida) proxéctase un filme de 1937 rodado na cidade. Os asistentes intentan identificar os rostros que aparecen en pantalla. Un día antes, unha profesora de piano centenaria imparte a súa clase semanal cunha partitura moi especial. Dous vellos repasan a longa listaxe de alcumes que recompilaron durante anos. E unha muller convida ao seu pai a xantar e recordar con el a vida dos seus devanceiros. Catro volutas de fume que evidencian a forza o paso do tempo, a emocionante intersección de pasado e presente na comunidade tampeña de orixe español.