Un día de campo / Une partie de campagne + El crimen de Monsieur Lange / Le crime de Monsieur Lange
Jean Renoir, 1936
120'. 35mm/ DCP. Subt. Castelán
Un día de campo / Une partie de campagne
(Francia, 1936)
Dirección: Jean Renoir. Guión: Jean Renoir, baseado no relato de Guy de Maupassant. Intérpretes: Sylvie Bataille, George Darnoux, Jane Marken, Jean Renoir. Dur.: 39'.
O quincalleiro parisino M. Dufour decide pasar un día de campo coa muller Juliette, a filla Henriette, o seu futuro xenro Anatole e a a sogra. Antes da comida, madre e filla arrandéanse en canto son contempladas por dous canotiers que trazan un plan para seducilas. “En Une Partie de campagne a comedia dilúese continuamente na emoción: emoción perante a natureza, emoción dos sentidos, emoción sentimental. (…) Os problemas que houbo en varios momentos da súa rodaxe, as dúbidas ante a súa metraxe definitiva, (…) a perda da primeira montaxe de Renoir, que subtraeron os alemáns, a ausencia do autor durante a segunda montaxe, os exteriores que non se rodaron e foron substituídos por un intertítulo, o non poder rodar algunhas escenas en estudio (a tenda), todo isto, finalmente, non ten importancia ningunha. Sen que o seu director nin o seu produtor se decataran no seu momento, Un Partie de campagne estaba rematada o día en que involuntariamente se deu a última volta de manivela. Non lle faltaba nin un só metro.” (Jacques Doniol Valcroze)
El crimen de Monsieur Lange / Le crime de Monsieur Lange
(Francia, 1936)
Dirección: Jean Renoir. Guión: Jacques Prévert e Jean Renoir. Intérpretes: Jules Berry, René Lefèvre, Florelle, Nadia Sibirskaïa. Dur.: 79'.
Amédée Lange e Valentine refúxianse nunha pousada preto da fronteira con Bélxica, onde son recoñecidos como autores dun crime. Valentine conta a súa versión dos feitos, por que asasinaron a un desapiadado editor, Batala. “Monsieur Lange é, de todos os filmes de Renoir, o máis espontáneo, o máis denso en ‘milagres’ de interpretación e de cámara, o máis cargado de verdade e de beleza puras, un filme que, diriamos, está tocado pola graza.” (François Truffaut)