Trop tôt/Trop tard / Demasiado pronto, demasiado tarde
Danièle Huillet e Jean-Marie Straub, 1980-1981
100. DCP. Subt. Castelán
Trop tôt/Trop tard / Demasiado pronto, demasiado tarde
(Francia, Exipto, 1980-1981)
Dirección: Danièle Huillet e Jean-Marie Straub. Guión: Danièle Huillet e Jean-Marie Straub (baseados nos textos 'Carta a Karl Kautsky' e 'A cuestión campesiña en Francia e Alemaña' de Friedrich Engels e 'La lutte de classe en Egypte de 1945 à 1968' de Mahmoud Hussein). Fotografía: Robert Alazraki, Caroline Champetier, William Lubtchansky, Marguerite Perlado. Voces: Danièle Huillet, Bahgat Elnadi, Gérard Samaan. Dur: 100'.
Reflexión sobre o campo francés e o exipcio en derredor de panorámicas deste e a través de textos de Friedriech Engels e Mahmoud Hussein.
“Cal é o rol da Historia nesta película? Consiste en exercer non unha tensión coa cal podería medirse a violencia estética do proxecto straubiano, senón unha presión que comprende un movemento cuantitativo de significados. O discurso marxista (mesmo se é en parte de Engels) ameaza esas paisaxes, fixa unha ruta aos seres que vemos, o mesmo que son aludidos, no filme, a explotación capitalista no caso dos campesiños franceses (traídos ao presente por unha pintada sobre unha parede) e o colonialismo (e os neocolonialismos) no caso dos proletarios e subproletarios exipcios. Prodúcese ata unha sorte de descarga eléctrica pouco feliz cando escoitamos o significado “represión” no momento en que vemos un policía impedindo aos nenos iren cara á cámara. É dicir, que a vontade de significar (aquí, durante un segundo, e dunha maneira constante polo comentario) non chega a atopar un terreo de diálogo co proxecto estético: a tensión política-estética non está realmente construída, senón imposta. Xa que logo, o plano da Bastilla e mais os planos de noticiarios participan dunha verdadeira construción desta tensión. Peor para nós. Ninguén poderá explicarnos por que John Ford insiste na piedade e na solemnidade.
Tomemos a película polo seu lado máis espléndido. É un documental puro como Playtime é un filme cómico puro. Trop tôt, trop tard existe secretamente no seu ritmo, formado por esa hábil sucesión de panorámicas. A lección, hoxe en día, non é de historia, senón de planos: como filmar as paisaxes? Estraña combinación, desta vez. O amor é inseparable do sentimento de beleza e o odio fica (case constantemente) fóra de campo para velar por que esta beleza, posiblemente culpable, non o invada todo. O sentimento griffithiano da natureza non é xa o que rodea unha inscrición renoiriana dos corpos: aquí reborda. É probable que o próximo filme de Straub-Huillet estea baseado nunha verdadeira novela”.
Texto por Jean-Claude Biette, tirado da crítica do filme en Cahiers du Cinéma, nº 332 (febreiro de 1982).