Todos mienten
Matías Piñeiro, 2009.
75‘. Vídeo. Día 16: Presentación a cargo do seu autor. Entrada gratuíta.
TODOS MIENTEN
(Arxentina, 2009)
Dirección e guión: Matías Piñeiro. Produción: Alta Definición. Fotografía: Fernando Lockett. Intérpretes: Romina Paula, María Villar. Duración: 75 minutos.
Un grupo de mozos instálase nunha casa illada da civilización. Un deles escribe unha novela mentres outros tentan convertirse nunha banda de ladróns. Algúns namóranse, outros cren ou din facelo. Con sentido de humor e sutís recursos lúdicos, as tramas comezan a superpoñerse. Vitalista, de linguaxe depurada, afondando nas posibilidades do plano-secuencia, un título brillante.