
A Toca do Lobo
Catarina Mourão, 2015
102'. DCP. Subt. Galego. Presentación: Miguel Castelo e C. Mourão. Entrada gratuita
A Toca do Lobo
(Portugal, 2015)
Dirección e guión: Catarina Mourão. Fotografía: João Ribeiro, Catarina Mourão. Dur: 102'.
Catarina Mourão afirmouse como unha das olladas máis delicadas do cine portugués. Despois de Pelas Sombras, un retrato da artista Lourdes Castro exhibido no Indielisboa 2010, a realizadora céntrase agora noutra figura da vida cultural portuguesa: o escritor e avó dela, Tomaz de Figueiredo. Un ollar que abre as portas secretas dunha vida que deixou o seu traballo só para a memoria dos seus fillos e dos seus netos, a dunha familia que se viu separada pola súa morte e marcada polo día a día dun país ditatorial – un país amplamente percorrido por quen escribe sobre el. Na súa antiga casa, viven os segredos e os acontecementos que nos falan, hoxe, a través dunha habitación pechada con chave – unha habitación aberta pola cámara da realizadora e polo movemento deste filme: a nosa intimidade. (Indielisboa)