TIEMPOS MODERNOS
Charles Chaplin, 1936
85´. Narración dos rótulos en directo. Entrada gratuíta.
MODERN TIMES / TIEMPOS MODERNOS
(Estados Unidos, 1936)
Dirección, produción e guión: Charles Chaplin. Fotografía: Ira Morgan e Rollie Totheroh. Intérpretes: Charles Chaplin, Paulette Goddard. Duración: 85 minutos.
Un obreiro con mala sorte perde a razón ao ser incapaz de adaptarse ao funcionamento das máquinas industriais nunha cadea de montaxe. Ao recuperarse, logo dun tempo no hospital, vese inxustamente encarcerado ao confundilo co líder duns tumultos na rúa nos que se atopaba por casualidade. No cárcere, sen pretendelo, axuda a controlar un motín e póñeno en liberdade. Pero a vida fóra de prisión non resulta fácil e fará o posible por volver a ela. Coñece a unha moza orfa acusada de roubar pan e xuntos procurarán unha vida mellor. A través do vagabundo que loita por sobrevivir na sociedade industrial moderna, Chaplin (1899-1977) crea unha crítica elaborada á deshumanización inherente á revolución industrial e a produción en masa no século XX. Obra mestra chea de gags memorables, é a última aparición do inesquecible Charlot. Non hai diálogos e o son emprégase con intención cómica e expresiva.